Os nenos e nenas encontran a miúdo a forma
	máis orixinal ou divertida de afrontar as tarefas
	cotiás, aínda que non sexa sempre a máis práctica
	ou recomendable. En Así ou así? descubrirás
	que sempre hai outra maneira de facer as cousas.
	Unha proposta transgresora que convida
	á participación na que pequenos e maiores
	se verán reflectidos.
	Este novo título da colección Acartonados,
	con esquinas redondeadas, fondos claros
	e imaxes definidas, é ideal para os máis novos
	como lectura compartida e para manexar
	de forma autónoma. 
		            